Tuesday 14 de May de 2024

O Concello instalará seis contedores soterrados na rúa San Andrés


Os traballos, cun orzamento de 53.765 euros, comezarán antes de que finalice o ano

O Concello sacou a licitación as obras para instalar seis puntos de achega de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés por un importe de 53.765,48 euros. Está previsto que as obras comecen antes de final de ano. A implantación destes puntos forma parte do proxecto de ampliación da rede de recollida de residuos sólidos urbanos.

A intención do goberno local é a de ampliar o número de puntos con contedores soterrados na cidade na súa aposta polo coidado ambiental e a reciclaxe, aínda que en ocasións as condicións do subsolo fan difícil a implantación en determinadas zonas. Desde Medio Ambiente sinalan que con esta actuación mellórase a calidade de vida dos cidadáns, o servizo e o aspecto da vía.

Tamén indican desde a concellería que a implantación de contedores soterrados para a recollida de residuos representa varias vantaxes, xa que a súa instalación en illas con contedores de diversos tipos de residuos facilita a recollida sel ectiva de residuos reciclables. Ademáis, optimízase a reciclaxe porque os cidadáns poden depositar na mesma localización os distintos tipos de residuos xerados nos seus fogares.
O proxecto recolle a instalación de dúas zonas de vertedura, cada unha formada por tres equipos soterrados; dous destinados aos residuos inorgánicos e un terceiro destinado a orgánicos.

A zona 1 instalarase na marxe esquerda da rúa á altura do número 31, mentres que a outra zona situarase á altura da rúa Torreiro.